Presentamos un servizo de mensaxería local destinado a recollida e entrega de documentación e paquetería na zona de Santiago e Comarca (Compostela, Ames, Teo, Brión e Oroso).

Movémonos nun radio de 15 klm establecendo como punto de partida a Plaza Roja en Santiago de Compostela.

A principal singularidade do servizo reside en que o medio de transporte empregado é a bicicleta.  Tal singularidade permítenos ofrecer un servizo eficaz baseado en tres eixes fundamentais:

Economía: o non empregar combustibles fósiles permítenos axustar o máximo os nosos marxes comerciais.

Rapidez: podemos desprazarnos con maior axilidade, e non precisamos estacionar.

Sustentabilidade: se gostas de coidar o medio ambiente, tes outra boa razón para contar con nós.

Estes son algúns servizos que prestamos (tanto a empresas ou profesionais coma particulares):

  • Entrega a domicilio de pedidos de supermercados, tendas de alimentación, comercio en xeral
  • Entrega a domicilio de material de oficina, consumibles, etc
  • Entrega de documentación en asesorías, notarías, despachos de abogados, arquitectos…
  • Entrega a domicilio de xornais, prensa, empréstamos bibliotecarios,
  • Etc,

Tamén dispoñemos dun servizo de distribución especialmente deseñado para o reparto de publicacións (periódicos, revistas,...), servizos de publicidade (reparto de flyers, pegada de carteis) e o sector HORECA, con condicións moi ventaxosas. Consultanos!

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos